This is an old revision of the document!
Welcome to the Restorative Practices wiki !
In the framework of Restorative practices project production, and hopefuly beyond, this wiki seeks to be filled up with relevant and useful data our community could find useful.
Pedagogies of the Wind and Stars. The social relations that we (were never meant to) survive, also live in our bodies painfully, and Audre Lorde is not here to remind us of this lesson herself, except in as much that she is present in the pedagogical wind. But wind is our teacher (74). -Alexis Pauline Gumbs
from the book Mapping Queer Space(s) of Praxis and Pedagogy
Editors: Elizabeth McNeil, James E. Wermers, Joshua O. Lunn''
https://archive.org/details/eco.logic-queer-energy-parte-1
https://archive.org/details/part-2-eolica
https://archive.org/details/jelly-pin-jellypin-00-o-instagram-photos-and-videos-1
https://archive.org/details/jelly-pin-jellypin-00-
Mostra Restorative Practices no Vello Cárcere de Lugo co apoio de Cultura e turismo do concello de Lugo e a Unión Europea a través do programa Europa Creativa Cultura
A mostra Restorative Practices da artista, coordinadora e acaneadora Paula Pin achéganos a un mundo inquietante. É inquietante, porque pon en valor algo que se nos volveu alleo, algo que as relacións de dominación, obxectivación e suxeición capitalista nos arrebatou. Algo tan sinxelo como o propio mundo. O mundo, si. É difícil atoparse a un mesmo descubrindo as reaccións químicas que se provocan no devir e na interacción dos elementos que existen se non é algo producido por grandes compañías tecnolóxicas e do márketing, facéndonos crer que chegaron ao cumio da experimentación e da innovación (unha vez máis), é difícil atoparse a un mesmo descubrindo as propiedades da auto-análise do corpo, é difícil porque no mundo no que vivimos estamos ao servizo do consumo tecnolóxico tal e como se nos presenta polas grandes corporacións mercantilistas. Grazas á mostra que se pode atopar no terceiro andar do Vello Cárcere en Lugo, da que tamén colaboran a deseñadora de moda Tina Cortón, Mirando Moss e Urs Gaudenz, Paula convídanos a rebelarnos ante esa dominación, a través dunha perspectiva transfeminista, presentando diferentes aparellos tecnolóxicos producidos por unha rede colaborativa de open source na que o coñecemento vólvese público e social. O traballo de Paula e a súa rede de apoio mutuo convídanos a experimentar o mundo. Sen dúbida esa é unha das peculiaridades do seu traballo, Paula non só nos revela, tamén se rebela. E convídanos a que a acompañemos no seu activismo. Revélanos o mundo, porque o seu traballo é o ánimo que implica crer no xogo. Xogamos cando experimentamos cunha pelota feita de papel, e tamén xogamos cando mesturamos agar agar, glicerina e un pouco de fairy. Onde está o límite do noso mundo? Onde nos queiramos. Rebélase contra o mundo e as súas dinámicas de poder porque a tecnoloxía non debe situarse paralela á sociedade, de querer ser útil, a tecnociencia debe situarse ao carón, integrándose nas problemáticas sociais, achegando os seus avances ás comunidades máis marxinadas. O corpo é o primeiro lugar que debemos recuperar como propio, e na mostra podemos atopar exemplos de microscopios cos que realizar (auto)análises. Un microscopio feito por nós mesmos (DIY do it yourself). Esta dominación tecnolóxica apúpase grazas ao pacto patriarcal e capital. A posibilidade de que as mulleres poidan recoñecer o seu propio corpo realizándose citoloxías en espazos seguros, sen implicación do nivel social ao que pertenzas, así como PCR, son achegas que teñen un manifesto sentido pola integración da comunidade. Pola liberación da sociedade. Mais o traballo desta lucense non remata no aspecto tecnolóxico. A tecnoloxía estaría orfa se non viñese acompañada doutra maltratada forma de coñecer como é a arte. Así, nesta mostra podemos atopar unha compilación dos procesos levados a cabo nas intervencións en diferentes espazos pedagóxicos, nunha sorte de fanzines realizados de maneira analóxica. Bolis, pegamento, recortes, cores, purpurina… Estes fanzines chaman a atención visual e táctil de todo aquel que se achegue á mostra. Aí, poderanse ver os traballos dos nenos e nenas e nenes que abranguen unha idade dende os dez ata os corenta anos. O resultado dos diferentes proxectos levados a cabo en unitarias, ou institutos. A arte é outro dos procesos que o capital trata de engulir, sabendo da potencialidade liberadora que exerce nos animais humanos e non tan humanos. O sentido que a arte nos achega como seres sociais nos permite reivindicar un coñecemento diferente do establecido polas normas académicas. Esta é outra potencia rebeladora e reveladora do traballo que coordina e que nos mostra Paula Pin. Nun mundo académico no que aos catives se lles esixe separarse do coñecemento propio da arte ou do científico en idades cada vez máis temperás, o proxecto innovador e transdisciplinar que nos propón Paula é unha mostra da ineficacia e da carencia que teñen os nosos sistemas educativos. Remato recordando que esta mostra foi merecedora do apoio Europa Creativa Cultura durante o 2023 e 2024.