Networking From The Margins

/

Este evento está enmarcado dentro do proxecto Restorative Practices, co financiado pola Unión Europea no marco de Europa Creativa.

Xerando Redes.
Propoñemos unha investigación profunda sobre organizacións creativas e individuos que se basean enzonas remotas e tamén interesadas en xerar comunidade máis aló dos seus territorios. Imos crear unha base de datos, converxendo nun mapa interactivo, que sería accesible desde o plataforma en liña.

O 16 e 17 de Novembro celebramos o evento «enREDxs cuir na Galiza rural/ Queer entanglements in the Galician rural» en Rural C Monfero co obxectivo de elaborar un mapa de proxectos, comunidades e axentes creativos no rural.

Dividiuse en dous días. No primeiro día, descubrimos o entorno de Rural C, e tivemos unha primera sesión de brainstorming. Paula Pin, da Casa do Río, presentounos o proxecto Restoractive Practices e os seus obxectivos. Nós presentamos o traballo desenvolvido por Rural C, os proxectos e procesos que impulsamos, e a nosa forma de traballar. 

Despois, comezamos unha dinámica pra facer o mapeo das iniciativas que se enmarcasen dentro dos obxectivos. En base ás palabras chave, agrupamos os conceptos destacables en catro grupos:

1. Permacultura/sostenibilidade.

2. Actualización de coñecementos ancestrais/doutras épocas.

3. Transfeminismo e prácticas queer no rural.

4. Código aberto, tecnoloxías apropiadas e cultura libre.

Segundo coincidían dentro destes grupos, mapeamos proxectos e axentes creativos no rural galego para despois engadilos no mapa que estamos a elaborar. 

Na segunda sesión, visitamos algunhas iniciativas da comarca, como o centro para a resiliencia Casa Pousadoira, e a construción dunha casa, principalmente con palla e madeira, que se está a facer nas proximidades, a Casa dos Carvalhos.   

Á tarde, organizamos xunto á Asociación de veciños e veciñas de Taboada e á plataforma Monfero di Non, o encontro «Eólicos e Veciñanza», como actividade complementaria á sesión de mapeo. Vimos audiovisuais relacionados coa ameaza das macrorenovables e revisamos parte do proxecto Eolic queer Energy harvesting / eco lóxicas cuir xeradoras de enerxía eólica, un eólico caseiro realizada no marco do Proxecto Restoratives Practices co apoio da rede GOSH (open source hardware for science).  Conversamos e merendamos.